lunes, 24 de febrero de 2014

SOLICITUD PT (MODELO DESCARGAR)




Á atención da inspección educativa da que depende o CRA Raiña Aragonta, en Salceda de Caselas

PAIS/NAIS DO ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO

As nais e pais dos nenos e nenas que cursan os seus estudios no CRA Raíña Aragonta, queremos expresar a nosa disconformidade pola falta de medios á atención de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Actualmente o noso centro dispón dunha mestra de Audición e Linguaxe. Ante o crecente aumento de nenos/as con necesidades específicas, o mestre de Audición e Linguaxe ten o horario completo con intervención directa  co alumnado e cunha demanda que excede considerablemente as súas posibilidades.

Por falta de recursos humanos, a intervención propia do mestre de Pedagoxía Terapéutica queda descuberta case na súa totalidade, descoidando a calidade educativa, equidade e igualdade de oportunidades.

O mestre de Audición e Linguaxe non pode atender tódolos casos de nenos con problemas de linguaxe, xa que adica todo o seu tempo ós casos de nenos con necesidades educativas específicas.


Por todo isto Solicito:

-          Un mestre/a especialista en Pedagoxía Terapéutica para poder ofrecer a atención que precisan os nosos fillos e fillas.


Nome e apelidos do pai/nai:__________________________________________
DNI do pai/nai: ___________________________________
Sinatura do pai/nai




        

Salceda de Caselas a ____ de _________________ de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario