martes, 10 de junio de 2014

INFORMACIÓN AULA MATINAL E EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015



Aula matinal

Nas instalacións da antiga casa do conserxe do cole, diante do Pabellón podedes deixar aos vosos fillos antes de que abra o Colexio. Alí monitores/as cualificados faranse cargo deles nese tempo e un monitor acompañaraos ao Colexio á hora de apertura.
Este servizo é xestionado pola nosa ANPA e ofrécese tanto a usuarios do noso centro coma os do Colexio Altamira, sexan ou non socios das respectivas Anpas.
Estará contratado novamente coa empresa ACTIVALEDE SL.
HORARIO: de 07:30 ás 09:30 horas tódolos días lectivos.
PREZO:  25´50 € por neno/mes (no caso de dous irmáns é de 23 € cada irmán, cun terceiro sería de 21 € cada un). Os prezos poderían sufrir cambios se non se cubre un mínimo de usuarios.
Pódese empregar o servizo de forma esporádica, por días soltos, cun máximo de 5 días ao mes e un prezo de 2´50 € cada día.
Para os meses de Setembro e Outubro o prezo será de 20 € por neno/mes (para dous irmáns será de 17´50 € cada irmán, cun terceiro sería de 15´50 € cada un).
Se queredes os vosos nenos/as poden levar o almorzo da casa e tomalo alí.
INSCRIPCIÓN: Para os que sexan xa usuarios, a empresa contactará con eles para corfirmar renovación do servizo.
Para os novos usuarios: contactar con Activalede a partir do 1 de Setembro, mediante correo electrónico (contacto@activalede.com) ou chamando aos teléfonos 630 143 842/661 826 996.


Actividades extraescolares

As actividades que temos previsto facer serán semellantes ás do curso que remata: Baile moderno, Manualidades, Idioma Inglés, Multideporte, ainda que estamos pensando en ofertar algunha máis.
Impartiranse por monitores cualificados contratados a través da empresa ACTIVALEDE S.L.
PREZO: por actividade será de 12´50 euros/mes (11´50 € para irmáns) para socios da Anpa as Landras e 15,50 € para os non socios (14´50 € para irmáns).
Daremos información máis detallada sobre o servizo ao inicio do curso.


 

REUNIÓN ORDINARIA XUÑO 2014


Lugar: Sede do CRA (Esfarrapada) - Día: Mércores 18 de Xuño  - Hora: 19:00 (*primera convocatoria) e 19:30 (segunda convocatoria) -  Remate: sobre as 20:30 horas.
(*Nota: A primeira convocatoria só se celebrará en caso de estar presentes a metade máis un dos socios.)

Orden do día:
·         Lectura e aprobación da acta anterior.
·         Estado de contas.
·         Aula Matinal Curso 2014/2015.
·         Extraescolares Curso 2014/2015.
·         Xestión Comedor Escolar.
·         Obxetivos próximo curso.

·         Rogos e preguntas.

FESTIVAL FIN DE CURSO XUÑO 2014


Comunicamos a tódolos nenos e nenas do CRA que estades invitados ao Festival Fin de Curso que terá lugar o Martes 17 de Xuño, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Salceda. 
 Neste festival participarán os nenos e nenas da Aula Matinal, Baile Moderno, Multideporte e Inglés. 
 Ao rematar, se o tempo o permite, sairemos á praza do Concello para divertirnos cos xogos:
Ø  Pintura de caras.
Ø  Xogos tradicionais (mariquitilla, trompos, petanca, derribo de latas).
Ø  Carreira de sacos, xogos de sillas, salto á comba.
Ø  Baile grupal.
Ø  Xogos de auga (se o tempo o permite). Traer unha muda por se acaso.

Este festival está organizado pola Anpa as Landras e a Empresa Activalede S.L.
Cada pai deberá facerse cargo do seu fillo para evitar incidentes.
Por falta de tempo non faremos merendola ao rematar.

ANDAINA PLANTACIÓN ÁRBORES

ANDAINA Á PLANTACIÓN DE ÁRBORES DE SAN XURXO

Ø  Como as previsións metereolóxicas para o próximo  Sábado 14 de Xuño son moi boas, decidimos levar a cabo esta actividade. Sairemos ás 11:00 da mañán dende o merendeiro do monte Faro de Budiño (onde deixamos o coche), ata a plantación de árbores (situada preto do merendeiro das Conforcadas).
Ø  Veremos as árbores que plantamos en Decembro, e recuperaremos forzas cunha merendola para facer o percorrido de volta ata o coche. Os que queirades podedes levar a comida e xantar no merendeiro.
Ø  Cada familia farase cargo dos seus pequenos para evitar incidentes.
Ø  Se non vos anotachedes en maio, podedes participar igual chamando ao teléfono da Anpa ou ben escribíndonos un   e-mail, indicando o número de adultos e nenos que asistiredes.


¡¡¡ESPERAMOSVOS!!!

BOLETIN INFORMATIVO XUÑO 2014