lunes, 24 de febrero de 2014

SOLICITUD PT (MODELO DESCARGAR)




Á atención da inspección educativa da que depende o CRA Raiña Aragonta, en Salceda de Caselas

PAIS/NAIS DO ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO

As nais e pais dos nenos e nenas que cursan os seus estudios no CRA Raíña Aragonta, queremos expresar a nosa disconformidade pola falta de medios á atención de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Actualmente o noso centro dispón dunha mestra de Audición e Linguaxe. Ante o crecente aumento de nenos/as con necesidades específicas, o mestre de Audición e Linguaxe ten o horario completo con intervención directa  co alumnado e cunha demanda que excede considerablemente as súas posibilidades.

Por falta de recursos humanos, a intervención propia do mestre de Pedagoxía Terapéutica queda descuberta case na súa totalidade, descoidando a calidade educativa, equidade e igualdade de oportunidades.

O mestre de Audición e Linguaxe non pode atender tódolos casos de nenos con problemas de linguaxe, xa que adica todo o seu tempo ós casos de nenos con necesidades educativas específicas.


Por todo isto Solicito:

-          Un mestre/a especialista en Pedagoxía Terapéutica para poder ofrecer a atención que precisan os nosos fillos e fillas.


Nome e apelidos do pai/nai:__________________________________________
DNI do pai/nai: ___________________________________
Sinatura do pai/nai




        

Salceda de Caselas a ____ de _________________ de 2014

lunes, 3 de febrero de 2014

OBRAS NAS PISTAS POLIDEPORTIVAS SITUADAS Ó CARÓN DA SEDE DO CRA


No día de onte comezaron as obras de acondicionamento das novas pistas deportivas. Estas obras leváronse a cabo sen ter comunicación previa, por parte do Concello, do comezo e finalización da obra.
                
Onte falamos tanto co encargado da obra como co enxeñeiro e o Concello, da realización da mesma e indicáronnos que onte por la tarde botarían o formigón e hoxe á mañá sacarían o encofrado, quedando pendente o vallado da malla metálica para colocar sobre este murete.
                
Dada a rapidez da obra do murete, e a falta de información previa, non tivemos capacidade de reacción con respecto á seguridade. Só puidemos pedirlles que os traballos a realizar neste muro se fixeran  fóra do horario no que os nenos están no patio do cole (entrada e saída das clases, e no recreo).



A Dirección do Anpa Landras     31 – Enero - 2014