lunes, 29 de diciembre de 2014

VISITA DOS ELFOS ÁS AULAS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA

O xoves 18 e venres 19 de Decembro dous elfos de Papa Noel e os Reis Magos percorreron tódalas aulas do CRA, incluídas as parroquias, para recoller as cartas que os nenos e nenas prepararon no cole.
Os nenos estaban sorprendidos e emocionados…e os elfos ainda máis por ver tantas cariñas cheas de ilución ao seu redor.


Esperamos que se cumplan tódolos soños dos nosos pequenos e pequenas, xa que se merecen o mellor.


domingo, 28 de diciembre de 2014

BOLANDRAS - Decembro 2014


Pinchade en "Mais Información" e atoparedes as demais páxinas do noso Boletín.

jueves, 4 de diciembre de 2014

LISTADO DE COMERCIOS E DESCONTOS

Xa temos o resumo dos comercios que colaboran co programa de axudas as familias que un ano mais está en funcionamento. Nesta lista presentamos os descontos que cada comercio fará os socios da Anpa As Landras, Anpa Altamira e Anpa Virxe da Rocha cando presentedes o carné de socio no momento da compra. Esperamos que se podan ver correctamente todos os datos:



Saúdos e grazas os nosos comerciantes pola sua colaboración.

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E AULA MATINAL: FESTIVAL SOLIDARIO 14/DECEMBRO/2014

O próximo Domingo 14 de Decembro celébrase o Festival Solidario que organiza o Concello de Salceda ó cal estamos invitados a participar. Realizaráse no Pabellón Municipal de Salceda e comenza as 17:00 h. Se alguén non pode participar, falar directamente co mestre da actividade extraescolar.
Entrada: Un alimento de nadal.

Moitas Grazas,
Anpa Landras

Participantes:

-          Ingles:  Canción "we wish you Merry Cristhmas" Complementos: Gorro de nadal.
-          Multideporte e taekwondo: Roupa cómoda.
-          Baile Moderno (LUNS): Camiseta branca lisa, Medias brancas, bufanda vermella e gorro nadal.
-          Baile Moderno (MARTES): Camiseta branca lisa, Medias vermellas ou brancas, tutú vermello,  calzado oscuro e gorro de nadal. Os nenos igual pero con pantalón escuro.
Aula Matinal: Camiseta branca, faldra vaqueira ou similar, medias brancas ou vermellas, gorro de nadal e calzado escuro. Vaqueiros os nenos.

Mercadillo Solidario ¡¡¡¡GRACIAS A TODOS!!!!!!

Esta mañá de mércores, na plaza do Concello de Salceda desarrollouse satisfactoriamente un Mercadillo Solidario moi especial, froito do traballo de profes, peques e anpa.......Moitos papis axudaron desinteresadamente para que todo isto que foi organizado, entre o  Cra e o Anpa, funcionase.

Gracias a todos os que participachedes en calquera das fases deste maravilloso Mercadillo Solidario quefoi un éxito de participación.

Agora toca comprobar ata onde chegamos, a nosa meta é:

PEQUES !!!! TODOS O CIRCO!!!!!!

Mercadillo Solidario ....mércores 3 de decembro do 2014