domingo, 27 de mayo de 2012

Camiño dos primeiros brotes.


Este próximo sábado día 2 de xuño, ímos realizar unha andaina cos nenos, co motivo de visitar as árbores que se prantaron a finais de xaneiro de 2012, e ver a evolución do traballo prantado polos nenos do CRA Raíña Aragonta.
A xornada de lecer transcorrerá dende as 11:00 h. ata despois das 13:00 h..
Sairemos dende a Area Recreativa do Espicho do Faro, baixaremos por un dos laterales deste monte de Entenza, e descansaremos no Pantel, Parderrubias, lugar da prantación, a 100m. do IES Pedras Rubias. Despois de recuperar forzas, volveremos ó lugar de partida, pola outra ladeira do monte.
Xa de volta, os que queiran, poden quedarse a xantar coa directiva deste anpa no Espicho do Faro.
Os detalles a sortear, faranse só, entre os nenos do CRA Raíña Aragonta inscritos.


viernes, 25 de mayo de 2012

Cincocentas manciñas polas árbores.

O que semellaba unha fantasía aló por novembro do 2010,,,



,,,ímos polo segundo curso, promovendo estas xornadas de convivencia cos veciños e contacto coa natureza.