miércoles, 8 de agosto de 2012

Mirando cara o novo curso.

Ao longo do curso 2011-2012, o Anpa As LANDRAS participou no coidado de dereito á educación de máis de 260 nen@s, apoiando e axudando ó equipo docente na labor formativa, loitando para mellorar os espazos e recursos precisos para levar a cabo a aprendizaxe e respondendo ás necesidades de moitos pais e moitas nais. Ademáis, creamos actividades desenroladas no entorno rural e urbano de Salceda de Caselas, facendo partícipe ó CRA Raiña Aragonta das labouras das distintas organizacións sociais salcedenses.

Moitos son os proxectos de mellora para este novo curso; se ti nos apoias aportarás moito para os teus nenos.

A partir de setembro os informaremos de como se fara a posta en funcionamento do novo curso que comeza o día 12.

O comedor comezará co inicio das clases, nas reunións de comezo de curso poderedes inscribiros nas follas que deixaremos no C.R.A.

Nas primeiras semanas de clases repartiremos nas aulas as follas de inscripción das actividades extraescolares que levarán os vosos nen@s na súa bolsa.

Tamén deciros que como novedad este ano vamos a poñer a vosa disposición a posibilidade de facer con nós gran parte da compra de material para o novo curso, para que non te teñas que preocupar de nada. Para tí será máis cómodo e entre todos poderemos facer que o esforzo económico sexa menor. Olvídate de tantas preocupacións de comezo de curso.

Xa te podes beneficiar en descontos no uso do comedor, actividades extraescolares, transporte en excursións, compra de material...

Convidámoste a facerte soci@ da Anpa As LANDRAS.

martes, 26 de junio de 2012

",,,como quisiera,,, quererte un poco menos," .


Outro xuño máis que marca o noso historial como ANPA, como nais-pais-avós-tíos,,,
outro xuño máis que marca o noso calendario como mestres, como persoas,
outro xuño máis que deixamos voar os de 5, o corazón non quere,
outra vez máis abrimos os brazos ó destino con desexos magoados,
outra vez sentímonos ledos por ter medrado,
outras sentidas grazas se batuxan cun doce "adeus".
Pesa a berros na nosa alma, que deixamos un querer atrás, mais o camiño que eleximos dende comenzo, guiabanos ata esta última mañá,,,
,,,chea de mimosas manciñas, de torpes camiñares, de olliños cautivadores,
de apertas respaldadas, e decisións contrastadas.
Graciñas dende este ANPA AsLandras,,,
,,,aos socios, as nais e pais, os mestres, a xente que non tiña ningún lazo co CRA, como Comunidade de Montes de Parderrubias e Entenza, a matrona e as nais embarazadas, aos membros do CEP Altamira, sobre todo ao ANPA Altamira, aos empregados do Concello no Pavillón, ao persoal xestor do Centro de Saude, e as Concellerías
de Educación e Sanidade.

Brincadeiras da ANPA As Landras


O maior reto desta ANPA é darlle outra volta a proxectos e ideas que no pasado fracasaron. En xuño de 2010 unha actividade semellante recibira tantas protestas que non se volveu a facer, desta, aprendemos de aquela experiencia, axeitamos o proxecto e "botámoslle peito".
Máis de 150 nenos puideron disfrutar dun momento de lecer grazas ó flexible horario e a variedade de pasatempos.
Estamos convencidos de que resultou ben, pois respetamos e fixemos respetar as condicións de participación, dando prioridade ós socios e aos alumnos do CRA, nos que centramos e especializamos as actividades.

viernes, 22 de junio de 2012

Preparados, listos e,,,a ler.

Este venres 22 de xuño, como tíñamos planeado, presentámonos no Centro de Saude de Salceda de Caselas sobre as 13:40 h. , minutos antes de recoller o nosos fillos do CRA. Despois de axeitar e intentar recuperar os exemplares depositados pola Biblioteca de Salceda de Caselas, que poucos quedaban recuperables, deixamos os nosos, xunto coas ganas de que chegue o luns para que os pais os disfruten cos seus nenos, e a enorme ilusión de aportar unha "migalla" de felicidade a xente de Salceda de Caselas.





miércoles, 20 de junio de 2012

Se as nosas nenas e nenos van ao médico,,,a ANPA tamén.

Na pasada asamblea do 13 de xuño, xurdíu unha proposta de destinar unha partida do recaudado económicamente durante este curso para mercar uns libros, e repor a estantería de lectura da sala de espera de pediatría do Centro de Saude de Salceda de Caselas. A proposta foi aceptada pola totalidade dos presentes, e este venres 22 farase realidade, depositando 16 exemplares para o disfrute de todos aqueles nen@s, incluidos os socios desta ANPA.



martes, 5 de junio de 2012

Convivencia a pé de camiño.

Fin de semana de expectación para os membros da ANPA porqué era unha actividade nova, nada como apoio a prantación de xaneiro. Porqué por vez primeira era en fin de semana, e porqué gratamente nos atopamos cun gran índice de inscripción, días antes e maior participación no sábado.
Para a directiva da ANPA foi algo máis que un bo resultado, foi un apoio moral e emocional importantísimo, despois de camiñar o longo deste curso 2011-2012 coa duda de se chegábamos a comunicar coas familias,,,
Esta directiva comenzou a camiñar dende o 25 de xuño de 2011, para rematar os seus deberes obrigatorios a finais de setembro, pondo en marcha unha extensa e novedosa oferta de actividades extraescolares, atando lazos coa ANPA Altamira na búsqueda dunha levadeira xestión do Comedor e traballando "codo con codo" co equipo docente para un sensato inicio de curso.
Pero a verdadeira inquietude desta directiva era consensuar unha "familia CRA Raíña Aragonta", polo que seguimos traballando en busca de actividades, a máis, e en seguir coas anteriores.
E así foi, supemos de caricias, de sorrisos, de olladas, de maneiras inocentes de comprender,,,
,,,de nenos que non son os nosos fillos, máis nos deron mimo e agarimo e así mesmo quixemos corresponder.
Este curso vaise indo, e nos tamén, pero non esqueceremos os nen@s de Budiño, de A Picoña, do Barreiro, de Entenza, das dúas aulas de Parderrubias, de Soutelo e da distinta Esfarrapada.
Grazas a todos e grazas as nais e pais do Cra Raíña Aragonta.


Despois deste testimonial video que só recolle a primeira quinta parte da actividade, facemos reseña de datos oficiais desta ANPA.
76 Inscritos

domingo, 27 de mayo de 2012

Camiño dos primeiros brotes.


Este próximo sábado día 2 de xuño, ímos realizar unha andaina cos nenos, co motivo de visitar as árbores que se prantaron a finais de xaneiro de 2012, e ver a evolución do traballo prantado polos nenos do CRA Raíña Aragonta.
A xornada de lecer transcorrerá dende as 11:00 h. ata despois das 13:00 h..
Sairemos dende a Area Recreativa do Espicho do Faro, baixaremos por un dos laterales deste monte de Entenza, e descansaremos no Pantel, Parderrubias, lugar da prantación, a 100m. do IES Pedras Rubias. Despois de recuperar forzas, volveremos ó lugar de partida, pola outra ladeira do monte.
Xa de volta, os que queiran, poden quedarse a xantar coa directiva deste anpa no Espicho do Faro.
Os detalles a sortear, faranse só, entre os nenos do CRA Raíña Aragonta inscritos.


viernes, 25 de mayo de 2012

Cincocentas manciñas polas árbores.

O que semellaba unha fantasía aló por novembro do 2010,,,



,,,ímos polo segundo curso, promovendo estas xornadas de convivencia cos veciños e contacto coa natureza.