miércoles, 8 de agosto de 2012

Mirando cara o novo curso.

Ao longo do curso 2011-2012, o Anpa As LANDRAS participou no coidado de dereito á educación de máis de 260 nen@s, apoiando e axudando ó equipo docente na labor formativa, loitando para mellorar os espazos e recursos precisos para levar a cabo a aprendizaxe e respondendo ás necesidades de moitos pais e moitas nais. Ademáis, creamos actividades desenroladas no entorno rural e urbano de Salceda de Caselas, facendo partícipe ó CRA Raiña Aragonta das labouras das distintas organizacións sociais salcedenses.

Moitos son os proxectos de mellora para este novo curso; se ti nos apoias aportarás moito para os teus nenos.

A partir de setembro os informaremos de como se fara a posta en funcionamento do novo curso que comeza o día 12.

O comedor comezará co inicio das clases, nas reunións de comezo de curso poderedes inscribiros nas follas que deixaremos no C.R.A.

Nas primeiras semanas de clases repartiremos nas aulas as follas de inscripción das actividades extraescolares que levarán os vosos nen@s na súa bolsa.

Tamén deciros que como novedad este ano vamos a poñer a vosa disposición a posibilidade de facer con nós gran parte da compra de material para o novo curso, para que non te teñas que preocupar de nada. Para tí será máis cómodo e entre todos poderemos facer que o esforzo económico sexa menor. Olvídate de tantas preocupacións de comezo de curso.

Xa te podes beneficiar en descontos no uso do comedor, actividades extraescolares, transporte en excursións, compra de material...

Convidámoste a facerte soci@ da Anpa As LANDRAS.