viernes, 28 de noviembre de 2014

MERCADILLO SOLIDARIO

Dende o Cra Raiña Aragonta queremos que todos os nosos cativos poidan disfrutar dun espectaculo moi especial neste nadal. Trátase do CIRCUS SEPIA, onde os mais peques da casa poderán disfrutar de malabaristas, acróbatas e artistas circenses chegados do mismimo Cirdo do Sol.
A actividade ten un custo total de 8 euros (entrada+autobus). A finalidade deste Mercadillo Solidario e conseguir abaratar o máximo posible o custo desta actividade.
Así pois, os MESTRES/AS van traballar de forma conxunta cos nosos cativos para elaborar manualidades, logo a ANPA levará estes fantásticos traballos o mercadillo o próximo mércores na praza do Concello durante a mañá.

DENDE O CRA A TRAVÉS DE CIRCULARES E DENDE O BLOG,  QUEREMOS PEDIR A TODAS AS FAMILIAS A VOSA COLABORACION.......
.......SO OS PEDIMOS QUE PASEDES O PRÓXIMO MÉRCORES DIA 3 DE DECEMBRO POLO MERCADILLO SOLIDARIO QUE SE DISPORÁ NA PRAZA COS TRABALLOS DOS VOSOS FILLOS E COLABOREDES CA VOSA APORTACION VOLUNTARIA.

TODOS XUNTOS  CON POUCO PODEMOS FACER MOITO

¡¡¡¡¡¡¡¡  A MAXIA DO CIRCO SEMPRE MERECE A PENA   !!!!!!!




miércoles, 19 de noviembre de 2014

XOANIÑA ORGANIZA CONCERTO DE ARPA PARA NENOS O SABADO 29 DE NOVEMBRO

Xoaniña presenta unha nova iniciativa para os nosos cativos. Nesta ocasión tratase dun "Concerto de Arpa para Nenos", dunha subasta solidaria dunha peza emblematica de Xoaniña e a presentacion do seu "Calendario Solidario 2015". Todo terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda as 17:00h do sábado día 29 de novembro.

Animamos a todos os pais a participar nesta iniciativa cultural e sempre educativa, en compaña dos vosos fillos e amiguiños.

RECORDADE!!!!
SÁBADO 29 DE NOVEMBRO
AS 17:00 H 
AUDITORIO MUNICIPAL DE SALCEDA


jueves, 13 de noviembre de 2014

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS NA AULA "ESFARRAPADA" DOS NENOS

A continuación adxuntamos o escrito remitido pola Dirección do CRA Raiña Aragonta, onde se indican as normas das entradas e saídas, na aula "Esfarrapada", dos nenos. Uso das tres portas existentes e a saída escalonada.