martes, 5 de junio de 2012

Convivencia a pé de camiño.

Fin de semana de expectación para os membros da ANPA porqué era unha actividade nova, nada como apoio a prantación de xaneiro. Porqué por vez primeira era en fin de semana, e porqué gratamente nos atopamos cun gran índice de inscripción, días antes e maior participación no sábado.
Para a directiva da ANPA foi algo máis que un bo resultado, foi un apoio moral e emocional importantísimo, despois de camiñar o longo deste curso 2011-2012 coa duda de se chegábamos a comunicar coas familias,,,
Esta directiva comenzou a camiñar dende o 25 de xuño de 2011, para rematar os seus deberes obrigatorios a finais de setembro, pondo en marcha unha extensa e novedosa oferta de actividades extraescolares, atando lazos coa ANPA Altamira na búsqueda dunha levadeira xestión do Comedor e traballando "codo con codo" co equipo docente para un sensato inicio de curso.
Pero a verdadeira inquietude desta directiva era consensuar unha "familia CRA Raíña Aragonta", polo que seguimos traballando en busca de actividades, a máis, e en seguir coas anteriores.
E así foi, supemos de caricias, de sorrisos, de olladas, de maneiras inocentes de comprender,,,
,,,de nenos que non son os nosos fillos, máis nos deron mimo e agarimo e así mesmo quixemos corresponder.
Este curso vaise indo, e nos tamén, pero non esqueceremos os nen@s de Budiño, de A Picoña, do Barreiro, de Entenza, das dúas aulas de Parderrubias, de Soutelo e da distinta Esfarrapada.
Grazas a todos e grazas as nais e pais do Cra Raíña Aragonta.


Despois deste testimonial video que só recolle a primeira quinta parte da actividade, facemos reseña de datos oficiais desta ANPA.
76 Inscritos

No hay comentarios:

Publicar un comentario