Á atención da
inspección educativa da que depende o CRA Raiña Aragonta, en Salceda de Caselas
PAIS/NAIS DO
ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO
As nais e
pais dos nenos e nenas que cursan os seus estudios no CRA Raíña Aragonta,
queremos expresar a nosa disconformidade pola falta de medios á atención de nenos con necesidades específicas de
apoio educativo. Actualmente o noso centro dispón dunha mestra de Audición e Linguaxe. Ante o crecente aumento de
nenos/as con necesidades específicas, o mestre de Audición e Linguaxe ten o
horario completo con intervención directa
co alumnado e cunha demanda que excede considerablemente as súas
posibilidades.
Por falta
de recursos humanos, a intervención propia do mestre de Pedagoxía
Terapéutica queda descuberta case na súa totalidade, descoidando a calidade
educativa, equidade e igualdade de oportunidades.
O mestre
de Audición e Linguaxe non pode atender tódolos casos de nenos con problemas de
linguaxe, xa que adica todo o seu tempo ós casos de nenos con necesidades
educativas específicas.
Por todo
isto Solicito:
-
Un mestre/a especialista en
Pedagoxía Terapéutica
para poder ofrecer a atención que precisan os nosos fillos e fillas.
Nome e
apelidos do pai/nai:__________________________________________
DNI do
pai/nai: ___________________________________
Sinatura
do pai/nai
Salceda de
Caselas a ____ de _________________ de 2014